Retomo a actividade de este blog
con ilusión tras recibir a visita dunha persoa axena probablemente ao contacto
con Terapeutas Ocupacionais.
Unha persoa que probablemente
descoñecese a profesión cando falou conmigo a primeira vez.
Sen embargo, unha persoa que se
interesou por sabelo, por ler un pouquiño máis sobre este profesional casi
inexistente nas institucións públicas.
Unha persoa que, como moitas,
nunca foi derivada a un Terapeuta Ocupacional que poidese ofrecer un apoio para
facer “a vida máis fácil” cando por circunstancias inesperadas se volve
difícil.
Esta persoa fíxome reflexionar
sobre a cantidade de xente que sufre unha repentina enfermidade (como por
exemplo un ICTUS) ou mesmo progresiva (por exemplo, un diagnóstico de Alzheimer
ou un Parkinson) e reciben tratamento farmacolóxico pero non asesoramento sobre
o non farmacolóxico.
Día a día vemos como os médicos
salvan vidas pero non poden pararse a enseñar cómo vivilas.
Eles e todos os profesionais
sociosanitarios saben que tras un diagnóstico médico comeza unha nova vida, moi
diferente na maioría dos casos….pero ¿preparamos á persoa para a nova
situación?, ¿ensinámoslle cómo xestionar as emocións a partir de agora?, ¿aconsellamos rutinas
para que o impacto sexa menor?, ¿mostramos as posibilidades para facer a vida
máis fácil? A resposta é non. OLVIDÁMONOS DE
DERIVAR.
Olvidámonos simplemente de
explicar que existen outros profesionais que poden axudar a chegar onde nós non
podemos.
Traballadores sociais,
psicólogos, fisioterapeutas, logopedas, podólogos, enfermeiros, terapeutas….compartimos
funcións, é certo, pero tamén temos algunhas que nos diferencian e nos fan
destacar.
Non sabemos a quén acudir para obter
unha información personalizada e tamén descoñecemos a multitude de medios que existen
para solventar os problemas da vida cotidiana.
Lectores e lectoras, trasmitan a
especialistas ou simplemente a amigos que deben acudir a un Terapeuta
Ocupacional se necesitan consello sobre cómo realizar unha actividade da vida
diaria básica na que están a ter dificultade (por exemplo: non sei se un bastón
ou andador me favorecería ao camiñar, doenme moito as articulacións e non sei
cómo diminuilo, cóstame vestirme e asearme, teño medo a caer na casa, non sei
cómo mover a un familiar encamado, pregúntome qué silla de rodas é a máis
adecuada para él, etc)
Sei que os Terapeutas Ocupacionais
na administración son prácticamente inexistentes, e sobre todo nas zonas rurais.
Por iso, dende o meu centro de traballo, permitiusenos impulsar un proxecto
para a comunidade que interesou a casi un cento de persoas e que permitiu
probar productos antes de mercalos ou ben intercambios de segunda man no
entorno próximo.
Estes asesoramentos gratuitos
para as persoas axenas á vida diaria do centro de día, foron posible gracias ao
esforzo e apoio dun equipo de profesionais implicado.
É moi reconfortante recibir
motivación externa para continuar con programas nos que confías e que che supoñen
un esforzo engadido ás túas función diarias.
É por iso que simplemente non encontrei mellor forma de activar de novo a difusión dando as GRACIAS.